A incorporación dunha gran máquina de inxección permitirá ampliar a nosa capacidade produtiva sustancialmente e converternos nuns dos primeiros fabricantes de fío diamantado no noso país. Actualmente a maioría do fío diamantado impórtase de países como China e UE (Italia , Bélgica/ Portugal). É moi importante contar con empresas que fabriquen a ferramenta para corte da pedra no noso país, especialmente na Comunidade Autónoma Galega onde o sector de extracción e elaboración da pedra natural ten unha importancia relevante na nosa economía.
Indicar que o proceso produtivo do fío diamantado Iévase a cabo integramente por W DIAMANT HERRAMIENTAS, nas nosas instalacións de O Porriño. Este proceso de montaxe consta de varias etapas: limpieza, montaxe da parte diamantada no cable, inxección de plástico e avivado. E o proxecto permite non só a nosa consolidación a nivel nacional e internacional senón tamén a creación de postos de traballo.
A actividade principal que se leva a cabo en W. DIAMANT HERRAMIENTAS, é a fabricación de discos e fío diamantado para o corte da pedra. Dende os seus oríxenes a nosa empresa caracterizouse por dotar ao no noso proceso produtivo dos mellores equipamentos e por estar na primeira liña do desenvolvemento tecnolóxico mediante a investigación e desenvolvemento e a incorporación de equipos avanzados.
Dado que na actualidade o sector da pedra natural é de indudable interese económico na nosa Comunidade e a actual situación de crise sanitaria e económica afecta de xeito directo ao sector de fabricación de ferramentas para o corte da pedra, é preciso diversificar e ampliar a produción. No noso caso particular concrétase na ampliación e diversificación do proceso produtivo nas nosas instalacións de O Porriño, mediante a incorporación dunha gran máquina de inxección para fabricación do fío diamantado. Esta incorporación permitirá no solo a ampliación da capacidade produtiva da empresa senón tamén a ampliación do proceso de produción actual.
Este proxecto faise posible grazas o apoio económico do IGAPE, da XUNTA DE GALICIA e da UNION EUROPEA.